Para levar adiante a rehabilitación do estaleiro o Concello de Bueu no ano 2013 realizou un CONCURSO de IDEAS co obxecto de seleccionar unha proposta que, pola súa calidade arquitectónica así coma pola súa viabilidade técnica e económica, fora valorada polos membros do Xurado coma a máis idónea para ser o o proxecto de conservación e utilización do estaleiro ou carpintería de ribeira situada no barrio da Banda do Río.

A finalidade era propoñer e definir ideas, a nivel de anteproxecto, para as actuacións de conservación, posta en valor e rehabilitación para o uso cultural do Estaleiro de Banda do Río.

O obxecto deste CONCURSO de IDEAS foi a selección, segundo o criterio dun xurado nomeado ao efecto, dunha proposta que, pola súa calidade arquitectónica e pola súa viabilidade técnica e económica, fose valorada polos membros do Xurado coma a máis idónea para ser o proxecto de conservación e utilización do estaleiro ou carpintaría de ribeira situada no barrio da Banda do Río do Concello de Bueu. 

Programa

As actuacións tiveron que dar resposta aos seguintes obxectivos:

  • Conservación acaida e respectuosa cos seus valores culturais dos inmobles e estruturas que configuran o estaleiro.
  • Dotación dos elementos de seguridade, peche e delimitación necesarios, para impedir o acceso incontrolado ao recinto e garantir a permanencia, custodia, protección e conservación das estruturas, dos bens inmobles e mobles que configuran o seu valor cultural e que se conservan no seu interior.
  • Deseño do espazo arquitectónico e dotación dos elementos museográficos básicos que permitan a visita ao recinto de forma regulada e controlada, coa finalidade de interpretar a significación cultural do estaleiro e das actividades que nel se realizaban, e a exposición ao público de aqueles elementos, bens mobles e aspectos mais significativos.
  • Dotación das instalacións e electricidade, iluminación, sinalización, seguridade, alarma e extinción necesarias para a utilización do inmoble e a súa conservación. 

En todo caso, os proxectos a nivel de estudio previo, tiveron que ter en conta as seguintes premisas:

  • Cumprir a Normativa Urbanística.
  • O presuposto de execución material da actuación podería situarse entre os 375.000 e os 500.000 €.

Modalidade

Tratouse dun concurso de arquitectura, a nivel de anteproxecto, con intervención de xurado, de carácter aberto, público e anónimo.

conselleria mar

UE

GAC

LogoConcelloCor